ADEGA

Inicio / Campañas / #AlertaSalmónGalego: recollida de sinaturas para...

#AlertaSalmónGalego: recollida de sinaturas para salvar o salmón galego da extinción

Activa a #AlertaSalmónGalego. Asina para salvalo da extinción: https://adega.gal/alerta-salmon

As entidades ecoloxistas ADEGA, AEMS – Ríos con Vida, Federación Ecoloxista Galega (FEG) e Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) lanzan a campaña de recollida de sinaturas "Alerta Salmón Galego", coa que reclaman á Xunta de Galiza a inclusión do salmón atlántico (Salmo salar) no Catálogo Galego de Especies Ameazadas coa categoría de "En perigo de extinción".

Segundo o Atlas do Salmón Atlántico en España (Ministerio para a Transición Ecolóxica, 2021), as poboacións galegas reducíronse máis dun 80% desde a década de 1970. Ademais, pasouse de máis de 20 ríos históricos con presenza reprodutora a menos de 8 na actualidade, moitos deles con poboacións moi reducidas e illadas.

A extinción do salmón atlántico en Galiza suporía unha gran perda ecolóxica e patrimonial. Apoia esta petición e reclámalle á Xunta que asuma a súa responsabilidade e impulse un plan de recuperación para reverter o seu devalo.


Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal