ADEGA

Inicio / Campañas / Doa para preservar unha histórica parcela en...

Doa para preservar unha histórica parcela en Barreiros

A Fundación Eira da Xoana de ADEGA, Mariña Patrimonio e Irmandade Santo Estevo vimos de lanzar unha campaña de recadación co obxectivo de adquirir, recuperar, estudar e protexer unha parcela situada ao carón da Fraga de Santo Estevo do Ermo, en Barreiros, que actualmente se atopa a eucalipto. Para iso precisamos 6.000 euros. Axúdasnos?

Fai unha doazón! A conta á que facer a túa achega para que poidamos coidar desta parcela é a da Fundación Eira da Xoana: ES11 2080 5034 6130 4000 7939

Como deducir a túa doazón?
Lembra que estas doazóns teñen dereito a dedución na cota do IRPF (para cantidades que non superen os 250 euros, a dedución é do 80% para persoas físicas e do 40% para empresas).

Para beneficiarse dela...

  1. Indica o teu nome e pon no concepto "DOAZÓN" ao facer a doazón.
  2. Envía o xustificante e os datos fiscais (nome e apelido, DNI e localidade do domicilio) afundacion@eiradaxoana.gal.


Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal