ADEGA

Inicio / Multimedia / Denuncias /

Denuncias

Denuncia relativa á contaminación por metais pesados do río Ulla - 27 de agosto de 2012

Os perdigóns provintes dun campo de tiro situado no lugar de Lapido, parroquia de Herbón (Padrón) caen por centos ao río Ulla, contaminando con metais pesados este espazo da Rede Natura do que se abastecen milleiros de persoas da contorna de Padrón e o Barbanza.

Descargar

Denuncia aparición 25 lazos na Serra do Barbanza - 12 de abril de 2012

Denuncia aparición 25 lazos na Serra do Barbanza, aparecendo nun deles un lobo con indicios de ter morto por atrapamento e graves síntomas de agonía e sufrimento durante varios días, así coma outro exemplar de cánido nas mesmas circunstancias.

Descargar

Denuncia relativa á conservación das aves silvestres na Lagoa e areal de Valdoviño - 25 de xaneiro de 2012

Denuncia relativa á conservación das aves silvestres aplicable no humidal de importancia internacional “Lagoa e areal de Valdoviño” - Convenio sobre os Humidais de Ramsar, ubicado no T.M. Valdoviño - A Coruña - España e sito no LIC “Costa Ártabra” e na ZEPA “Costa de Ferrolterra- Valdoviño”.

Descargar

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal