ADEGA Cadernos

Buscador

Formulario de busca

Encefalopatías esponxiformes (EE) transmisibeis na especie humana e relación coa EE bovina

Xesús B. Otero Costas

Caderno nº 7 - Vacas tolas e agroecoloxía na Galiza

Páx. 33-38

As encefalopatías esponxiformes transmisíbeis (EET) na especie humana forman un grupo de enfermidades documentadas clinicamente dende os anos vinte.O carácter transmisíbel da enfermidade estimulou a investigación deste tipo de patoloxía que adquiriu un interese crecente pola rareza do seu asente causante. Propúxose como tal un certo tipo de virus(virus lentos), un virus con características diferentes as coñecidas(virus non convencional) ou un axente non vírico (ATNC). En 1997 sostíñanse varias hipóteses, das que é interesante facer referencia ás tres máis aceptadas. Segundo a primeira, o axente causante das EET sería una proteína(prión), unha segunda hipótese propoñía un virus pequeno difícil de illar, e a terceira era partidaria dun virino (pequena molécula con capacidade para transmitir información). Na actualidade admítese maioritariamente a primeira.

As vacas tolas: cadro sintomático dunha sociedade doente

Xesús B. Otero Costas

Caderno nº 7 - Vacas tolas e agroecoloxía na Galiza

Páx. 39-48

Nun primeiro momento, iniciaremos xuntos un percorrido polas causas do mal das vacas tolas, que nos conducirá a cuestionar o seu aspecto conxuntural e a situación noutros lares, como síntoma da disfunción xerada polo modelo de produción dominante no agro e noutros eidos das nosas sociedades. Nunha segunda parte, percorreremos as alternativas que se presentan para facer fronte a esta crise de modelo produtivo.

Alternativas desde a agroecoloxía

Xan Pouliquen

Caderno nº 7 - Vacas tolas e agroecoloxía na Galiza

Páx. 49-58

A esta altura, o sistema capitalista mundial corre perigo de cambalear, polo que é necesario un cambio de rumbo que, sen desviarse do mesmo obxectivo final consistente no lucro a través de explotación, prové a verba “ecolóxico”. O “ecolóxico” permite por unha banda unha nova lexitimación do sistema, e pola outra, participa do obxectivo final de acumulación capitalista. De aí o xurdimento de agriculturas “ respectuosas co medio” promovidas desde o pode. Fronte a elas, é necesario o redescubrimento das identidades propias que potencien novos modelos de desenvolvemento endóxenos dos recursos, tanto naturais como humanos, coa perspectiva de construír un planeta habitábel para todas as sociedades do futuro.Por tanto, as alternativas pódense clasificar en dous grandes bloques: aquelas que xorden do poder dominante, e as ligadas ás periferias.

As propostas de ADEGA en relación co mal das vacas tolas e o tratamento dos residuos cárnicos infectados

Daniel López Vispo

Caderno nº 7 - Vacas tolas e agroecoloxía na Galiza

Páx. 59-62

O mal das vacas tolas veu a agravar un problema contra o que o ecoloxismo galego ven loitando durante toda a última década: o dos vertedoiros incontrolados e o da incineración dos residuos, dúas formas fáciles de intentar resolver un problema sen pensar nas consecuencias que implican e sen querer ir as causas últimas que o orixinan, esquecéndose por completo do tan manido principio de prevención. Desta maneira ven a representar un problema ambiental causado pola eliminación dos chamados materiais específicos de risco (MER) e os cadáveres de moitos dos animais infectados ou non.Como unha contribución necesaria ao debate, e coa finalidade de aportar aqueles dados e informacións imprescindíbeis para que o debate se asente sobre unha base de rigor e non especulativa, ADEGA propúxose a elaboración e publicación deste caderno. Ás contribucións dos especialistas engadimos agora este resumo dos puntos de vista da Asociación, que a súa vez é un resumo das propostas enviadas a Consellería de Agricultura o 4 de xaneiro de 2001.

Ordenación do litoral. Estratexias e instrumentos

Alfonso Díaz Revilla

Caderno nº 10 - Medio ambiente litoral

Páx. Páx.55-58

A Ordenación do Territorio debe dar resposta á preocupación xeneralizada polo medio ambiente natural cunha intervención positiva no mesmo, de recuperación das características naturais, de protección activa, e de posta en valor daquelas vantaxes competitivas que presenta. Neste sentido, o litoral é sen dúbida, un dos activos máis valiosos do territorio galego e un espazo clave para o futuro rexional. O planeamento municipal do Concello de Oleiros pode servir de referencia ao establecer planeamentos especiais que inciden non só sobre a porción marítima senón tamén sobre a terrestre, representando unha alternativa valente fronte aquelas que basean a súa estratexia nunha desecación ao infinito do mar.

Introdución

María Xosé Vázquez Rodríguez

Caderno nº 8 - Economía e medio ambiente

Páx. 5

A economía ambiental está chegando á súa madurez, as bases desta descansan na importancia de analizar as causas e as implicacións económicas da degradación ambiental, na necesidade de deseñar incentivos económicos da degradación ambiental para frear este proceso. Con este caderno queremos romper o tópico de que a economía tan só se preocupa de fluxos de diñeiro e de intercambios de mercado. A medida que os recursos naturais e a capacidade de asimilación dos grandes medios se converten en escasos, é necesario xestionalos adecuadamente para evitar a sobreexplotación e o risco da súa desaparición. Trátase de integrar o medio ambiente correctamente dentro do pensamento económico, para que a economía poida contribuír á solución e prevención dos problemas ambientais. Estas solucións económicas deben considerarse necesarias pero non suficientes por si soas. Son pois complementarias e non excluíntes doutro tipo de actuacións.

ADEGA Cadernos
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:adega@adega.gal