Caderno nº 2 - A economía e a ecoloxía do meio mariño
Páx. 38-44
Nunha industria conserveira xerase un elevado número de augas residuais con características moi diferentes, en función do tamaño e produtos procesados, así como dos procesos técnicos utilizados e da xestión ambiental e da auga que se realice. O impacto ambiental dos efluentes foi valorado por Murado no seu artigo incluído neste mesmo número de ADEGA CADERNOS. Fundamentalmente tratase dos efectos do vertido de elevadas cantidades de sólidos en suspensión e materia orgánica solúbel facilmente biodegradábel, e en segundo lugar, de elementos nutrientes como o nitróxeno e o fósforo, que poden acharse tanto en forma inorgánica como orgánica.
Caderno nº 2 - A economía e a ecoloxía do meio mariño
Páx. 45-49
A poboación da Galiza litoral, vive primordialmente de cara ao mar: traballa no mar, come o que saca do mar, disfruta no mar…, vive e disfruta a costa do mar. Pois ben, observando os comportamentos das xentes do litoral, máis ben se diría que viven de costas ao mar.Este autor vai tratar de relatar os comportamentos observados nalgúns dos campos relacionados directamente co mar, sen pretender con elo facer un estudo exhaustivo da orixe da contaminación mariña.
Caderno nº 1 - Minicentrais hidroeléctricas / Enerxía eólica
Páx. 4-6
Para os grupos ecoloxistas galegos o eido da enerxía ten sido un foco de atención permanente, polo grave impacto derivado das infraestruturas enerxéticas ou polas emisións contaminantes e mesmo polo intento de instalar unha central nuclear. Fronte a estas enerxías suxas, non renovábeis e perigosas, vimos defendendo desde sempre a promoción das fontes alternativas, que deben ser renovábeis e de baixo impacto ambiental, así como a racionalización do consumo e o aforro enerxético.Temos que ser conscientes por tanto das múltiples implicacións do problema enerxético, e da complexidade da elaboración dunha proposta enerxética razoábel, que teña como obxectivo a minimización do seu impacto ambiental.
Caderno nº 1 - Minicentrais hidroeléctricas / Enerxía eólica
Páx. 7-28
Neste longo artigo, Manuel Soto Castiñeira, fala amplamente do impacto ambiental das minicentrais orixinados durante a fase de construción e durante a fase de explotación no que os impactos poden ser numerosos.A enerxía hidroeléctrica caracterizase por ser renovable, e a súa utilización non incide no efecto invernadoiro. Estes son dous dos aspectos mais positivos desta fonte enerxética, candose compara cos combustíbeis fósiles. Porén a construción de grandes presas supuxo historicamente unha grave ameza para os ecosistemas naturais, principalmente os ríos e hábitats relacionados con eles.Así pois, a enerxía minihidráulica deixou de ser unha enerxía libre de consecuencias ambientais e sociais negativas. Cada proxecto debe ser analizado por separado, xa que as súas características, xuntamente coas condicións do lugar de ubicación, e as garantías de cumprimento das prescricións ambientais determinan a gravidade do seu impacto ecolóxico ou a posibilidade real de minimizalo.
Caderno nº 1 - Minicentrais hidroeléctricas / Enerxía eólica
Páx. 29-42
Este artigo trata a enerxía eólica, que se encadra dentro das enerxías renovábeis e estas tamén están consideradas como moito menos contaminantes que as enerxías clásicas.No pasado, a captación da enerxía do vento procedía de técnicas moi antigas pero a principios do século XX aparece en Francia o muíño tipo Darrieus, que son os primeiros muíños rápidos que arrastran xeradores eléctricos e son moito mais lixeiros e con un maior rendemento.En canto o impacto, a enerxía eólica é sen dúbida de moito menor impacto que as enerxías clásicas, aínda que se teñan que considerar determinados aspectos problemáticos para o ambiente xa que os parques eólicos van a ocupar grandes extensións de terreo na cima do monte no que será preciso preparar o solo e instalar plataformas de cemento o que causa problemas estéticos e de alteración da paisaxe.Neste aspecto, Galiza pode converterse no parque eólico de experimentación e explotación mais importante de Europa no que a Xunta debería frear a instalación destes parques e debería iniciar un estudo de aproveitamento eólico descentralizado en Galiza. Ademais os parques eólicos deberían levar inexcusabelmente e de forma paralela un plan de redución de produción de electricidade das térmicas e hidroeléctricas, causantes na Galiza dun grande impacto ecolóxico.
Caderno nº 3 - Xestión do lixo: unha alternativa ecolóxica ao plano de SOGAMA
Páx. 4
A idea de elaborar este proxecto xurdiu ante a necesidade de dispor dun modelo de xestión do lixo alternativo ao de SOGAMA, adaptado ás características e necesidades do noso pais, e baseado nos principios de respeito ao medio ambiente, xustiza social, economía e progreso científico- técnico. Foi isto posível polo traballo de ADEGA neste eido durante os últimos anos , desde a organización das Xornadas Científico-Técnicas do outono de 1995 ou os materiais publicados en Cerna, até a elaboración dunha proposta básica para a Mancomunidade de A Coruña, ou a participación en numerosos actos informativos e reivindicativos.