Inicio / Números anteriores / A biomasa: O seu papel na preservación de solos e na...
Páx. 13-22
Neste traballo faise unha reflexión sobre os efectos do aproveitamento e cultivo da biomasa sobre o solo e sobre a captura de CO2. Trátanse temas relacionados coas opcións de mitigación do efecto invernadoiro polos cultivos enerxéticos, así como o efecto da xestión dos cultivos enerxéticos sobre a materia orgánica do solo e sobre a degradación deste. Por último, achégase unha serie de recomendacións de xestión das plantacións enerxéticas.