ADEGA

Outras actividades

Formulario de busca
Praia de Gandarío 27-07-2014

Embarrámonos por Gandarío. Non á depuradora!

ADEGA, Verdegaia, a Plataforma de afectados pola EDAR de Gandarío e o BNG convídante este domingo, ás 18 horas a embarrarte pola praia! Colabora a actriz Isabel Risco.

+info

18-07-2014

VIII Marcha a pé de Ferrol a Mugardos

O venres 18 de xullo partirá do parque de Carmelo Teixeiro de Caranza, ás 17 horas, a VIII Marcha a pé Ferrol-Mugardos que reivindica a saída da planta de Reganosa da Ría de Ferrol. Non faltes! Móvete contra a impunidade!

+info

Fraga Trasbar 12-07-2014 / Cervo

Mini-roteiro polas Fragas de Trasbar

Mariñapatrimonio, coa colaboración de ADEGA, organiza un mini-roteiro polas Fragas de Trasbar de Cervo (Mariña luguesa) dentro da campaña polo bosque "Cousa de Raíces", na que participan preto de 50 colectivos. Será o vindeiro sábado, 12 de xullo.

+info

Do 03-07-2014 ao 06-07-2014

II Xornadas O rural quere xente

II Xornadas Rurais… o agro quere xente, desta volta en Negueira de MuñizO encontró celebrarase os días 3, 4, 5 e 6 de xullo. Se precisas mais información non duvides en contactar con nós no correio xornadasrurais@inventati.org

+info

Do 01-07-2014 ao 04-07-2014

Curso de verán UDC: INICIATIVAS DE CONSERVACIÓN AMBIENTAL E PARTICIPACIÓN SOCIAL

A UDC e ADEGA organizan do 1 ao 4 de xullo un curso de verán para achegarnos ao panorama actual da conservación en relación coa posibilidades de participación da cidadanía e as organizacións sociais na súa xestión

+info

28-06-2014 / Ferrol

Debate sobre a remunicipalización da xestión do ciclo integral da auga en Ferrol

Este sábado 28 de xuño ás 20.30 horas, na sé da SGHN de Ferrol, ADEGA, Verdegaia, SGHN e AAVV O Pilar convocamos a toda a cidadanía a debater sobre a remunicipalización da xestión da auga en Ferrol

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal