Inicio / Axenda / Outras actividades /
21-06-2015
Este domingo 21 de xuño, Solsticio de Verán, na Eira da Xoana haberá diversas actividades: pola mañán un roteiro fotográfico e obradoiro de fotografía da natureza e pola tarde a celebración do solsticio de verán, con sardiñas, música...
20-06-2015
Sábado 20 de xuño ás 19.30 con saída dende as alamedas de Pontevedra e Marín. ENCE fóra da ría XA!
07-06-2015
O vindeiro domingo 7 de xuño celebraremos a VII edición da nosa Feira (edición primavera), na Eira da Xoana (Ramil, Agolada). Deixa as túas compras para ese día e vén a partillar connosco saberes, sabores e cultura popular
Do 29-05-2015 ao 30-05-2015
O 29 e 30 de maio celébrase en Bragança un obradoiro sobre a conservación de peixes e bivalvos ameazados. Presentaranse os traballos de conservación destas e especies e estaremos presentes co Proxecto Ríos
16-05-2015
Haberá un roteiro dende o castelo de Pambre ao Castro de Remonde, a presnetación dunha publicación sobre o castro, xantares multiculturais, actos literarios e musicais... A primavera abrocha na Eira da Xoana!
09-05-2015
ADEGA colabora na andaina que organiza a Irmandade Santo Estevo de Augas Santas pola contorna de Santo Estevo do Ermo para reivindicar a súa posta en valor e protección. A ruta terá lugar o vindeiro sábado 9 de maio.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal