Inicio / Axenda / Outras actividades /
28-04-2016
O 28 de abril a Ofic. de Medio Ambiente (UDC) e ADEGA invitámosvos ao X Aniversario da restauración do Monte da Fraga. Este espazo situado entre Ciencias e Filoloxía na Zapateira, era un eucaliptal talado hai 10 anos para recuperar o bosque autóctono
23-04-2016
Este vindeiro sábado 23 de abril, a Rede galega de apoio ás persoas refuxiadas convoca unha manifestación dende a Praza Roxa de Compostela (13h) e unha gala solidaria de apoio ás persoas refuxiadas (17h)
Do 20 ao 22 de abril vai ter lugar nas instalacións do CENEAM en Valsaín (Segovia) o IX seminario de voluntariado para a conservación da biodiversidade en ríos e ribeiras, no que estará presente ADEGA para expoñer as novidades do Proxecto Ríos
21-04-2016
Hoxe xoves, o profesor da USC Juan Ortiz e o historiador Adolfo de Abel Vilela participan nas Xornadas "Coñecendo o Miño" organizadas pola plataforma "Lugo de Cara ao Miño" da que forma parte ADEGA. Ás 20.30 h no Museo de Lugo.
02-04-2016
Como en anos ateriores, o sábado 2 de abril, celbraremos na Eira da Xoana (Ramil, Agolada) unha festa adicada á Terra con motivo da chegada da primavera.
Do 29-02-2016 ao 29-03-2016
"Lugo de Cara ao Miño" lanza unha campaña de recollida de sinaturas a través de Change.org para acadar unha xestión pública e (eco)lóxica da Fábrica da Luz de Lugo e a retirada do dique do río Miño. Apoia e asina!
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal