Inicio / Axenda / Outras actividades /
Do 06-12-2019 ao 13-12-2019
Do 7 ao 13 de decembro terá lugar en Madrid o Cumio Social polo Clima, en paralelo á Conferencia das Nacións Unidas contra o Cambio Climático, a COP25. Aínda fican prazas libres no bus que vai desde Galiza á manifestación do 6 de Decembro polo Clima.
Do 27-11-2019 ao 28-11-2019
Os días 27 e 28 de novembro, Gran Burla Negra organiza unhas xornadas de reflexión histórica sobre o movemento Nunca Máis e un repaso ás loitas polo común máis recentes en Galiza. O mércores, 27 de novembro, acudirá en nome de ADEGA, Adela Figueroa.
Do 16-11-2019 ao 17-11-2019
A vindeira fin de semana, ADEGA participará no IV Foro Labrego de Agroecoloxía organizado pola Asociación Herbamoura e coa colaboración do Sindicato Labrego Galego. Será o sábado 16 e domingo 17 de novembro, en Padrón. Inscríbete!
16-11-2019
Organizado pola Asociación O Galo e coa participación de ADEGA. Narureza, cultura popular e memoria histórica
26-10-2019
O vindeiro 26 de outubro, sábado, a Eira da Xoana fará unha homenaxe a Isaac Alonso Estravíz, pola súa contribución á lingua galega, nomeadamente á lexicografía co seu Dicionário da língua galega. Os actos comezarán ás 14 horas na Eira da Xoana.
20-10-2019
ADEGA e outras 20 entidades convocan unha manifestación o vindeiro domingo, 20 de outubro, para reivindicar un monte galego con futuro, sostíbe e multifuncional. A marcha terá saída ás 12:00 horas desde a Alameda de Santiago de Compostela.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal