Inicio / Axenda / Outras actividades /
29-05-2020
Este venres, 29 de maio, ás 20.30 horas, Adela Figueroa de ADEGA e a Fundación Eira participará nesta mesa redonda virtual organizada pola Asociación Roxín Roxal e a Rede do Patrimonio Cultural. Poderás seguila na Facebook e youtube ACLP Roxín Roxal.
Do 05-03-2020 ao 12-03-2020
ADEGA colabora co CPR O Raio Verde no certame "Desenfoque climático", unha exposición que busca concienciar á sociedade sobre o quecemento global aunando arte e xuventude. A mostra estará na sede da SGAE do 5 ao 12 de marzo. Participa no certame!
29-02-2020
ADEGA impartirá unha charla sobre ecoloxismo este sábado, 29 de febreiro, ás 19:30 horas, no Centro Social Cultural e Deportivo de AS Pedriñas, en Tameiga (Vigo), xunto coa Comunidade de montes de Tameiga. Convoca ISCA.
29-02-2020
29 de febreiro, 20h na Casa da Cultura de Touro. Balanzo do camiño percorrido destes máis de 2 anos de loita até a publicación da DIA negativa
22-02-2020
Participa na actividade "Hábitat sen lixo" do Grupo Naturalista Hábitat, coa que colabora ADEGA, e que consiste na retirada de residuos dos nosos espazos naturais, desta volta, na contorna da Lagoa de Baldaio (Carballo).
22-02-2020
Será o vindeiro sábado, 22 de febreiro, no que se nomeará a Raíña Lupa de 2020. Haberá que reservar praza para o cocido.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal