ADEGA

Outras actividades

Formulario de busca
Montes Barjas 03-04-2021

Marcha simultánea Galiza-O Bierzo contra macroparques eólicos

A plataforma "Así Non" convoca unha marcha reivindicativa o vindeiro sábado 3 de abril contra o aluvión de grandes proxectos eólicos no Bierzo e en toda a Cordilleira Cantábrica. A marcha comezará nas localidades galegas de Brañas e Fonteformosa.

+info

Do 17-03-2021 ao 21-03-2021

21M: Acode ás concentracións contra o Plan Forestal do PP no Día da Árbore

O vindeiro domingo, 21 de marzo, é o Día Mundial da Árbore. ADEGA e outras 50 entidades da plataforma "Por un monte galego con futuro" aproveitaremos esta data sinalada para rexeitar o Plan Forestal do PP e pedir un cambio de modelo de monte.

+info

Do 09-02-2021 ao 17-03-2021

Aldeas con Horizonte: Asina o manifesto

Asina o manifesto "Aldeas con Horizonte" por un novo modelo e planeamento eólico para Galiza e a moratoria de novos parques.

+info

Do 10-02-2021 ao 23-02-2021

Asina por un novo Plan Forestal que rexeite o eucalipto

Uns 50 colectivos galegos rexeitan a revisión do PP do Plan Forestal que implicará unha maior eucaliptización do país e deixar o monte galego en mans privadas con fins unicamente produtivistas. Apoia a nosa petición por un monte galego con futuro.

+info

Do 09-02-2021 ao 16-02-2021

I Manifestación dixital - Aldeas con Horizone

Defende a túa terra de proxectos eólicos agresivos!👉🏻Envíanos a túa foto coa faixa e o lugar que queres defender antes do 14 de febreiro. As publicacións faranse a partir do 14 de febreiro, Día Mundial da Enerxía.

+info

12-12-2020

ADEGA participa na Webinar Visóns & Visións

A Fundación Franz Weber convida a ADEGA a participar na Webinar "Visones & Visiones" deste sábado sobre as granxas pelexeiras de Galiza e de todo o Estado español. Fará parte dos relatores da webinar Fins Eirexas, secretario técnico de ADEGA.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal