Inicio / Axenda / Outras actividades /
13-06-2021
O vindeiro domingo, 13 de xuño, ADEGA únese á manifestación convocada pola Plataforma Casalonga Limpa de Residuos, para rexeitar unha vez máis o vertedoiro encoberto que se pretende explotar na antiga mina de Casalonga.
05-06-2021
ADEGA levará un posto informativo á praia fluvial de Tapia este sábado, 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, no marco da Festa da Natureza do Concello de Ames. Estará operativo das 12 ás 18 horas
16-05-2021
ADEGA únese ao chamado do Instituto de Estudos Miñoranos á mobilización social contra o Parque eólico na Serra da Groba, o vindeiro domingo, 16 de maio.
22-04-2021
Co motivo da celebración do Día da Terra, o vindeiro xoves 22 de abril terá lugar na Coruña un roteiro interpretativo polas áreas de compostaxe e as hortas urbanas da UDC.
Do 19-04-2021 ao 20-04-2021
Adela Figueroa, de ADEGA, participará o vindeiro martes 20 de abril na mesa redonda "Que pasa no Monte Gato?" organizada pola Asociación cultural Roxín Roxal, para analizar a ameaza dos eólicos sobre o patrimonio cultural e arqueolóxico desta montaña
18-04-2021
Desde Vía Galega, da que fai parte ADEGA, facemos un chamamento a participar na manifestación nacional que terá lugar o domingo, 18 de abril, baixo o lema “Galiza nación. Un pobo con dereitos”.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal