ADEGA

Outras actividades

Formulario de busca
10-12-2021

Eólicos no Morrazo? Non!

O venres 10 de decembro terá lugar a charla informativa sobre os proxectos eólicos no Morrazo. Nela participará Roi Cuba, presidente de ADEGA.

+info

04-12-2021

Charla Eólicos no Morrazo NON-Moaña

A plataforma Eólicos no Morrazo, NON convida a ADEGA para dar unha charla informativa no salón de plenos do concello da Moaña sobre o impacto ambiental dos macroproxectos eólicos no Morrazo. Será este sábado, 4 de decembro, ás 20 h.

+info

19-11-2021

Grazas pola túa achega á Eira da Xoana

A campaña de doazón para a reparación do tellado da Eira da Xoana foi todo un éxito! Moitas grazas a todos e a todas as que puxéstedes o voso grao de area para o arranxo do tellado.

+info

10-11-2021

Charla de ADEGA sobre a vaga eólica en A Baña

Este mércores, día 10 de novembro, ás 20horas na Escola de Música da Baña, Fins Eirexas, secretario técnico de ADEGA, impartirá unha charla sobre a actual vaga eólica á veciñanza afectada. Convida a Asociación Fonte Seca. Agardamos a túa presenza.

+info

Do 19-10-2021 ao 31-10-2021

Campaña para a restauración da Eira da Xoana

ADEGA e a Fundación Eira lanzan unha campaña para recadar fondos destinados a reparar o tellado da casa da Eira da Xoana, o equipamento de divulgación e formación ambiental e de promoción cultural situado na parroquia de Ramil, Agolada.

+info

24-10-2021

Manifestación en Negreira contra os parques eólicos abusivos

Convocada por Fonte Seca, sairá ás 11.30 da Avenida das Brañas.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal