ADEGA

Outras actividades

Formulario de busca
29-03-2022

Mesa redonda na OMA: enerxía eólica, sustentabilidade ambiental e desenvolvemento local

Dentro das actividades do "marzo ambiental" da OMA. Na facultade de Ciencias do Campus da Zapateira, o martes 29 de marzo de 18:00-19:30h.

+info

25-03-2022

Mobilización climática global

Este venres, 25 de marzo, o Movemento Galego polo Clima do que fai parte ADEGA, convoca unha mobilización climática global para ás 18 horas nas cidades de Lugo, Ourense, Santiago e A Coruña, baixo o lema "Vida contra Capital". Vémonos na rúa!

+info

25-03-2022

O modelo e enerxético e a crise medioambiental a debate

A palestra informativa e de debate terá lugar en Vigo, o 25 de marzo ás 20.00 horas.

+info

20-03-2022

20M:Mobilizacións Galiza pola Paz nas sete cidades galegas

ADEGA apoia as mobilizacións convocadas pola plataforma Galiza pola Paz para o domingo 20 de marzo nas sete cidades galegas, ás 12 horas do mediodía. Pola volta á diplomacia como única vía para a resolución deste conflito!

+info

18-03-2022

Charla en Baralla sobre parque eólico Reboiro

ADEGA participará na charla informativa sobre o parque eólico Reboiro convocada polo BNG de Baralla e que afecta especialmente a este concello e aos municipios de O Corgo e Castroverde. Será este venres 18 de marzo, ás 16:30 h no Centro sociocultural

+info

10-03-2022

Xornada Cambio Climático e Transición Enerxética do CES

ADEGA, a través do seu presidente, Roi Cuba, participará na xornada organizada polo Consello Económico e Social co título "Cambio Climático e Transición Enerxética". A intervención de ADEGA será este venres ás 11:00 h. en directo polo Youtube do CES.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal