ADEGA

Outras actividades

Formulario de busca
21-12-2022

Solsticio de inverno na Eira da Xoana

Vén a celebrar o Solsticio de Inverno na Eira da Xoana, o próximo 21 de decembro. Teremos palabras, música, teatro... Non podes faltar!

+info

17-12-2022

Acto informativo sobre a factoría de Altri en Palas de Rei

O sábado, 17 de decembro, terá lugar un acto informativo en Palas de Rei sobre a posible instalación da factoría de fibras téxtiles de Altri na comarca da Ulloa. ADEGA é unha das entidades convocantes.

+info

14-12-2022

14D: Concentracións nas cidades polas liberdades públicas

Organizacións sociais, políticas e culturais galegas, entre elas ADEGA, convocan para este mércores, 14 de decembro, concentracións nas sete cidades baixo o lema "Pola defensa dos dereitos democráticos e das liberdades públicas".

+info

16-11-2022

Conferencia no Parlamento Europeo: 20 anos do Prestige

ADEGA participará este mércores 16N na Conferencia Europea “20 anos do accidente do Prestige: análise da seguridade marítima en Europa”, organizada polo BNG no Parlamento Europeo. Poderás seguila en liña.

+info

06-11-2022

Gran manifestación: Por unha CRTVG ao servizo do pobo.

ADEGA apoia a marcha convocada pola polo Comité Intercentros da CRTVG o vindeiro domingo, 6 denovembro, nas rúas de Compostela para denunciar que o goberno galego ten secuestradas a radio e a televisión públicas de Galiza.

+info

Do 18-10-2022 ao 25-10-2022

Oferta de posto de traballo de ADEGA - Comunicación

A presentación de currículos poderase facer por e-mail (enviando a organizacion@adega.gal) indicando no asunto “Convocatoria posto de traballo comunicación”. A data límite para a presentación será o vindeiro martes 25 de outubro, ás 14.00 hora

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal