ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Eliminación de invasoras nas...

29-06-2022

Eliminación de invasoras nas microrreservas da praia do Rostro en Fisterra

O mércores 29 de xuño ADEGA levará a cabo unha eliminación de invasoras na Praia do Rostro, en Fisterra. Continuase así o traballo comezado hai uns anos en colaboración co Concello de Fisterra e o Departamento de Botánica da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela, coa creación das Microrreservas de Flora da Costa da Morte.

Para asistir será preciso inscribirse enviando un correo electrónico a ramses@adega.gal ou chamando ao 616 23 80 50.

Esta actividade forma parte do proxecto de Voluntariado ambiental para a conservación dos humidais e a flora da Costa da Morte, desenvolvido co apoio da Acción Social de CaixaBank a través a súa liña de colaboración con entidades para apoiar iniciativas e proxectos encamiñados á mellora do patrimonio natural, a través da protección da biodiversidade, a innovación ambiental e a loita contra a despoboación.

Con esta activiade queda rematado este proxecto de voluntariado ambiental na Costa da Morte no que se realizaron actividades de eliminación de invasoras, limpeza de praias, actividades divulgativas e formativas sobre os valores naturais que albergan as microrresevas da Costa da Morte.

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal