ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Campo de Voluntariado Ambiental no Río Tea

Do 20-05-2022 ao 22-05-2022

Campo de Voluntariado Ambiental no Río Tea

Realizaremos labores de seguimento da presenza de flora exótica invasora nos 3 Km de río que ten custodiados o Proxecto Ríos, eliminando manchas de Acacia dealbata, A. melanoxylon ou Phytolacca americana, entre outras. Tamén miraremos noutras zonas de traballo de anos pasados para eliminar os prosibles rebrotes.
O voluntariado terá cubertos os gastos de aloxamento (Albergue Alentea), manutención, contará cun seguro de accidentes e disporá da ferramenta axeitada. As prazas son limitadas. É preciso inscribirse.
Xa podes anotarte ao campo de voluntariado enviando a ficha de inscrición a pacobanhobre@adega.gal ou chamando ao 981 57 00 99

Descarrega a Ficha de Inscrición
Descarrega o CARTAZ DO CAMPO DE VOLUNTARIADO

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal