Inicio / Axenda / Outras actividades / Entroido na Eira da Xoana
26-02-2022
O vindeiro sábado 26 de febreiro vaise celebrar o Entroido na Eira da Xoana. Aproveitando o encontro, outorgarase o recoñecemento Raíña Lupa do ano, polo traballo continuado no ámbito da cultura ou do medio ambiente. Será este o cuarto nomeamento. O primeiro foi o de Isabel Risco (actriz), o segundo o de Iolanda Aldrey (poeta) e o terceiro o da activista cultural M.Antonia Pérez Rodríguez.
O acto inclúe un xantar para o que é preciso anotarse a través de fundacion@eiradaxoana.gal ou no teléfono 659 683 384.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal