ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / A Coruña, por uns Ríos Limpos!

Do 24-11-2021 ao 05-12-2021

A Coruña, por uns Ríos Limpos!

Limpezas de Ríos no concello de A Coruña

Durante a semana do 29 de novembro ao 5 de decembro, ADEGA convida a todo tipo de entidades (Asociacións de veciños, centros de ensino, grupos particulares...) do concello da Coruña.

A situación dos ríos debe mudar para que non sexan lugares de acumulación de lixo, zonas que se converten en vertedoiros nos que se poden atopar diferentes tipos de lixo, dende motores de automóbiles ate residuos de hixiene.

Para evitar estas accións é moi importante concienciar e amosar á cidadanía a importancia dos ríos e regatos e o impacto no medio ambiente que causan este tipo de actos.

Con esta iniciativa queremos dar visibilidade a unha problemática da que cada vez a xente é máis consciente e amosar como dunha maneira ecolóxica podemos preservar en boas condicións os nosos ríos e regatos.

ADEGA ofrecerá acompañamento, xunto co unha pequena charla inicial, aos grupos participantes. Nesta ocasión temos un número limitado de actividades polo que será precisa inscrición previa e se completará o aforo por orde de inscrición.

Para anotarse as actividades deberedes enviar un correo a: itziar@adega.gal ou chamando ao número 628.378.804, indicando a data e horario no que estariades interesados.

"Preservación e coidado dos nosos ríos e regatos. Limpezas Ecolóxicas"

O próximo xoves 2 de decembro terá lugar a xornada informativa "Preservación e coidado dos nosos ríos e regatos. Limpezas Ecolóxicas".

Esta xornada ten como obxectivo, divulgar a importancia dos nosos ríos e regatos, ao mesmo tempo que amosar como se poden preservar e coidar dunha maneira eficiente e respectuosa.  Dende ADEGA pensamos que a educación da cidadanía é unha ferramenta fundamental para a preservación do noso medio ambiente.

A xornada terá lugar no local "Asociación Cultural de Alexandre Bóveda"  de 17.00h-20.00h.


Programa:


17.00h- Recepción de participantes e presentación da xornada.

17.20h- Mesa redonda:

  • Mª José Servia; UDC. "Bosques de ribeira e servizos ecosistémicos:tamén en Coruña?"
  • Manolo Soto; UDC. "Contaminación nos ríos"
  • Verónica Torrijos; OMA. "Depuración ecolóxica de augas residuais. Do río ao mar."
  • Paco Bañobre; Proxecto Ríos, ADEGA. "O papel do voluntariado nas Limpezas de Río"
19.00h- Debate

20.00h- Peche da xornada.


Para máis información mandar un correo a: itziar@adega.gal 

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal