Inicio / Axenda / Outras actividades / Grazas pola túa achega á Eira da...
19-11-2021
Temos o pracer de comunicar que a campaña de doazón para a reparación do tellado da Eira da Xoana foi todo un éxito!
Grazas a túa achega, arranxamos un problema grave que tiñamos na Eira da Xoana:
chovía dentro da casa e era inviábel seguir así.
Estamos moi satisfeitos/as co resultado: acadamos 10.512€.
Polo momento, a Fundación Eira só conta cuns poucos ingresos regulares das “Amizades da Eira” e as necesidades son moitas. Cos cartos sobrantes do arranxo do tellado (polo que pagamos 6.637,24), o primeiro que imos tentar facer é algún tipo de instalación que nos permita realizar actividades no exterior, unha vella idea que cobra máis interese pola situación sanitaria.
Quedamos obrigados/as pola túa xenerosa achega, imprescindíbel para poder seguir facendo actividades, e obrigados/as aos voluntarios e voluntarias que fixeron posible que a obra saíra máis barata.
Un saúdo fraternal e agradecido, co desexo de vernos o antes posíbel.
MOITíSIMAS GRAZAS.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal