ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Xornada de restauración ambiental - Couto...

27-11-2021

Xornada de restauración ambiental - Couto da Eirexiña

O vindeiro sábado 27 de novembro volvemos ao monte cunha nova actividade de voluntariado ambiental. Nesta xornada adicaremos os esforzos a restaurar ambientalmente unha área da comunidade de montes de Rebordelo mediante a eliminación de eucaliptos. Tamén sementaremos esta área coas landras de carballos e bidueiras recollidas durante o magosto solidario do pasado mes de outubro.Deste xeito favoreceremos a creación dun bosque autóctono nunha área degradada pola presenza de especies exóticas invasoras.E pola tarde, despois do xantar, realizaremos un obradoiro de cultivo de cogomelos en troncos. Durante esta actividade aprenderemos a cultivar os nosos propios cogomelos, unha práctica que pretende amosar outras alternativas orientadas a potenciar a multifuncionalidade do monte.

https://coutodaeirexinha.gal/blog/2021/11/15/actividade-de-restauracion-ambiental-no-couto-da-eirexina-27-de-novembro/

Inscríbete!

Podes inscribirte nesta xornada de restauración ambiental cubrindo o seguinte formulario:

Formulario de inscrición

A data límite para a inscrición nesta actividade será o vindeiro xoves 25 de novembro ás 13:00h, co fin de que poidamos ter tempo para formalizar o seguro e o xantar. A actividade estará limitada a un máximo de 20 persoas, e para realizala será obrigatoria a utilización de máscaras, ademais de manter a distancia de 1.5-2 metros.Tamén, se tes algunha pregunta, podes contactar a través do correo coutodaeirexinha@gmail.com

Agardámoste!

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal