Inicio / Axenda / Educación ambiental / Obradoiro de identificación e cultivo de...
12-02-2014
O obxectivo desta actividade é o coñecemento das plantas aromáticas o seu cultivo e coidados. Esta xornada comezará cunha charla impartida por Carolina Porto enxeñeira agrícola licenciada pola USC e colaboradora de ADEGA ás 16:00h na Facultade de Aparelladores (EUAT).
Tras esta charla pasarase á parte práctica que consistirá na plantación dunha mesa de cultivo con diversas especies de plantas aromáticas que será instalada na área de compostaxe comunitaria da escola de aparelladores.
A duración da xornada será de aproximadamente dúas horas Animádevos a participar!
Inscricións no correo oma3@udc.es.
Máis información: Blog: http://medioambienteudc.blogspot.com.es/
Facebook: “Oficina de Medio Ambiente UDC”, “bolseiros OMA”
Twitter: @OMA_UDC
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal