ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Limpeza de Praias en Razo

07-08-2021

Limpeza de Praias en Razo

ADEGA organiza o sábado 7 de agosto una xornada de Limpeza e Praias en Razo. 

A actividade ten por obxectivo divulgar a problemática do lixo mariño e a súa eliminación do espazo natural Razo-Baldaio. Farase un percorrido pola contorna da praia para localizar e retirar o lixo que atopemos no percorrido.

Programa da xornada: 

10:30     Punto de encontro. Caseta de socorrismo de Razo

10:40     Introdución á problemática do lixo mariño

10:50     Comezo da ruta e retirada de lixo

12:00     Descanso para merenda

12:15     Continuación do traballo

13:30     Remate da actividade e posta en común 


Para participar, é preciso inscribirse. As prazas son limitadas. O voluntariado contará cun seguro de accidentes e disporá da ferramenta axeitada.
Máis información e inscricións:
EU QUERO RAZO BALDAIO

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal