ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Xornada de Voluntariado Ambiental: estudo e...

27-07-2021

Xornada de Voluntariado Ambiental: estudo e seguimento do leirón cincento e quirópteros

No ano 2014 ADEGA e SOREX botan a andar un programa de voluntariado ambiental para o estudo e seguimento de leirón cincento (Glis glis) e quirópteros no P.N. do Invernadeiro e no ZEC Biduerial de Montederramo.

A finalidade do proxecto é realizar un estudo e seguimento das especies citadas así como fomentar a participación activa do voluntariado ambiental.

Previo as actuacións de estudo e seguimento, realizarase un curso de formación, que será aconsellable e dará prioridade ás persoas que queiran participar no proxecto.

Nesta sesión, realizaremos unha achega a este proxecto tratando temáticas diversas tales como os Espazos Naturais Protexidos, nomeadamente o Macizo Central Ourensán (ZEC Bidueiral de Montederramo e P.N. do Invernadeiro), voluntariado ambiental; así como dous apartados adicados ao leirón cincento (Glis glis) e aos quirópteros forestais.

O curso de formación terá lugar o martes 27 de xullo ás 12:00h no local de ADEGA en Santiago de Compostela: Avda. de Castelao, 20 baixo.

Prazas limitadas e medidas Covid.

Máis información sobre os horarios, programa e desenvolvemento:
ramses@adega.gal   616 23 80 50

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal