ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Mesa redonda: "Ecoloxía na cidade:...

29-04-2021

Mesa redonda: "Ecoloxía na cidade: 1.O lixo"

O vindeiro xoves 29 de abril ás 19.30h, dentro das xornadas "Ecoloxía na cidade: 1. O lixo" celebraremos unha mesa redonda no salón de actos da UNED de Lugo, para falar de como se está a xestionar actualmente o lixo nas cidades galegas, centrándonos no caso de Lugo; e coñeceremos de primeira man a aposta pola compostaxe que fixeron en Allariz ou en Vitoria-Gasteiz (Euskadi). 

Participarán nesta mesa de debate:

  • Araceli Basanta Abella (Estudante)
  • Diego Díaz Cordal (Estudante)
  • María Lafuente (Vogal de residuos de ADEGA)
  • Benito García Carril (Xornalista e portavoz da Asociación Galicia Ambiental)
  • Xosé Manuel Romero Rodríguez (Técnico da área de medioambiente do Concello de Allariz)
  • Joseba Sánchez Rodríguez (Responsable da unidade de Xestión de Residuos do Concello de Vitoria-Gasteiz)

Para asistir como público ás xornadas é preciso inscribirse a través do portal da UNED. 
A asistencia pode ser presencial, ou virtual a través das canles de difusión da actividade, e tamén na portada da web de ADEGA.

Unha cidade como Lugo pode apostar pola compostaxe como unha solución á xestión municipal de residuos? Está a cidadanía de Lugo preparada para asumir ese reto?

Xornadas "Ecoloxía na cidade"

Esta mesa de debate está dentro das xornadas "Ecoloxía na cidade", centradas no mes de abril no lixo.
O sábado 24 de abril, realizaremos unha andaina de limpeza polas nacentes do río Rato (necesario inscribirse) e continuamos ca campaña nas redes #LixoEnLugo e #EcoloxíaNacidade para que todas as persoas compartan con nós a súa visión do lixo en Lugo colgando unha foto o un vídeo con eses cancelos.
Anímate e participa!


Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal