ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Marcha simultánea Galiza-O Bierzo contra...

03-04-2021

Marcha simultánea Galiza-O Bierzo contra macroparques eólicos

A plataforma "Así Non", da que forma parte ADEGA, convoca unha marcha reivindicativa para o vindeiro sábado 3 de abril, na defensa do territorio, o seu patrimonio ambiental e cultural, diante da enxurrada de grandes proxectos enerxéticos que queren arrasar os montes do Courel, Trevinca, Cabrera e do Bierzo, e os de toda a Cordilleira Cantábrica. 

Estes macroproxectos eólicos e fotovoltaicos invaden a maior parte do territorio dos municipios nos que se proxectan, desprazando non só as economías locais das que viven os pobos (agricultura, gandería, apicultura, turismo rural...), senón tamén aos habitantes que custodian ese territorio e toda a biodiversidade existente.

Queremos deixar claro que o problema non é a enerxía renovábel, senón a forma na que se están realizando estes proxectos, de xeito masivo, non planificado e a grande escala, en zonas de grande valor ecolóxico e medioambiental onde á perda de biodiversidade e as desigualdades que xera o modelo industrial e centralizado, se engade o impacto visual e ambiental. Apostamos por un abastecemento eléctrico dimensionado, baseado na xeración enerxética distribuída, local e autosuficiente.

Percorrido

A marcha sairá este sábado, 3 de abril, ás 12 horas do mediodía desde varios puntos. A saída será simultánea. Desde Galiza sairán dúas marchas, desde as localidades galegas de Brañas e Fonteformosa (Folgoso do Courel), para toparse no alto do Revelo, na raia entre as comunidades autónomas, coa marcha que sairá desde o pobo de Busmaior (Barjas, León). No alto do Revelo atoparémonos como símbolo de unión e comuñón dos territorios ante unha emerxencia que ameaza a paisaxe, o medio ambiente e a pervivencia da vida dos nosos pobos e aldeas.

Desde a plataforma de asociacións e veciñanza "Así Non", animamos a todos os veciños e veciñas, amantes destes montes e comarcas que apoien esta iniciativa para poder seguir gozando da beleza que nos brinda esta contorna natural. 

Lembramos que será necesario cumprir con todas as medidas de seguridade fronte a Covid-19, polo que será obrigatorio levar máscara e manter a distancia de seguridade.

Entidades da Plataforma "Así Non"

  • A Cabrera. (Cb) 
  • Asociación ADEGA (Gz) 
  • Asociación A Morteira (Bz) 
  • Asociación de Amigos de los Montes Aquilianos. (Bz) 
  • Asociación Custodia do Territorio. (Gz) 
  • Asociación A Volta Grande do C@urel(Gz)/ CourelLivreDeEolicos (Gz) 
  • Asociación Ateneo La Guiana (Bz) 
  • Asociación Bierzo Vivo (Bz) 
  • Asociación La Olla del Bierzo (Bz) 
  • Asociación para el Desarrollo Rural Bierzo Cabrera (Bz y Cb) 
  • Asociación de Estudios Ornitológicos Tyto Alba. (Bz)
  • Asociación Plataforma Bierzo Aire Limpo (Bz) 
  • Asociación Plataforma Defensa Cordillera Cantábrica
  • Asociación Souto Vivo (Gz)
  • CMMVVMC Orreos. (Gz) 
  • Instituto de Estudios Cabreireses (Cb)
  • Junta Vecinal de Valdavido (Cb)
  • ONG Cabrera Natural(Le)
  • ONG Rios con Vida(Es)
  • Plataforma ciudadana para una Transición Ecológica Justa (Estatal)
  • Proyecto Life oso Courel(Gz)
  • Proyecto Orbanajo (Bz)
  • Rural Sostenible(Bz)

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal