ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Recuperación de valados de pedra

17-03-2021

Recuperación de valados de pedra

O mércores 17 de marzo de 2021 retomamos actividades do proxecto de custodia do Sobreiral do Arnego. Desta volta continuaremos coa restauración dun dos valados de pedra da parcela cutodiada Zarra da Pena.
Participa.
Esta actividade é gratuíta, mais é preciso inscribirse. O Programa previsto será:

  • 10:30 Comezo da actividade
  • 13:30 Xantar
  • 15:00 Roteiro pola Zarra da Pena
Inscricións:
ramses@adega.gal
981 57 00 99
616 238 050

Os Sobreirais do Río Arnego constitúen un espazo natural que está incluído dentro da proposta da Rede Natura 2000. Este espazo conta cunha superficie de 1.537 ha e localízase nos termos municipais de Agolada, Lalín e Vila de Cruces, na provincia de Pontevedra.

Un dos elementos presentes no sobreiral son os valados que dividen as fincas. Polo abandono do medio rural e das prácticas agrogandeiras, estes valados están en moitos casos caendo. Os valados tradicionais cumpren ademais un destacado papel biolóxico xa que favorecen o asentamento de diferentes especies, tanto de flora como de fauna, que atopan refuxio e alimento entre as pedras que conforma a estrutura do valado.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal