Inicio / Axenda / Outras actividades / ADEGA participa na Webinar Visóns &...
12-12-2020
A Fundación Franz Weber convida a ADEGA a participar na Webinar "Visones & Visiones" sobre as granxas pelexeiras de Galiza e de todo o Estado español, nun momento no que o debate está candente debido á constatación de que os visóns son vectores de transmisión da Covid-19 e, polo que ademais do risco biolóxico tamén comportan un risco sanitario.
Será este sábado, 12 de decembro, de 11 a 12.15 horas. Será retransmitido polas RRSS da Fundación Franz Weber.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal