ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Custodiando o Sobreiral do Arnego

12-12-2020

Custodiando o Sobreiral do Arnego

O proxecto Custodiando o Sobreiral do Río Arnego é unha iniciativa de ADEGA e o Proxecto Ríos desenvolvida durante o ano 2018 cunha axudas da Fundación Biodiversidade. En 2019 realizáronse algunhas accións de seguimento e este ano 2020, durante o mes de decembro, faranse dúas actividades para darlle continuidade.

Será a colocación de máis refuxios para fauna  e a revisión dos xa instalados e poñerase un panel interpretativo sobre este proxecto de seguimento de fauna centrado nas comunidades de quirópteros presentes no sobreiral.

Durante o ano 2021 contiuaremos con estas dúas accións, máis a rehabilitación de valados presentes na finca custodiada.

A primeira das actividades será o vindeiro sábado 12 de decembro en sesión de mañá. O programa estimado será:

11:00 Presentación
11:30 Comezo da actividade
12:30 Descanso
14:00 Remate da actividade

O punto de encontro será a área de lecer de Carmoega. 

Se tes interese en participar contacta: ramses@adega.gal e 616 23 80 50

Iremos anunciando as vindeiras actividades e convocando ao voluntariado na medida das posibilidades que nos permita a situación de pandemia.

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal