ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Voluntariado ambiental e saudábel

Do 01-10-2020 ao 14-10-2020

Voluntariado ambiental e saudábel

Voluntariado ambiental e saudábel

A próxima semana organizamos outras dúas actividades de voluntariado no Monte da Fraga asociado ao proxecto de custodia do territorio coa Oficina de Medio Ambiente (OMA) da Universidade da Coruña (UDC).


A primeira actividade será o xoves 1 de outubro na que continuaremos erradicando especies exóticas invasoras do Monte da Fraga. Explicaremos a bioloxía destas plantas e aprenderemos in situ o seu funcionamento. Participamos tamén no ciclo de actividades do Outono Saúdable da UDC  xa que estas actividades contribúen a aumentar a biodiversidade, practícanse ao ar libre, pon o corpo e movemento e aprenderemos a usar as ferramentas para non mancarnos. Son actividades que contribúen a mellorar a saúde do planeta e polo tanto a nosa saúde tamén. 

A segunda será o mércores 14 de outubro onde faremos labouras de acondicionamento da charca construída no ano 2013. Reparación da lona e marxes. 

As prazas son limitadas a 10 persoas. É preciso inscribirse a cada actividade. A duración das actividades son de 17:30 a 20h, se non podes participar en toda a xornada indícanos a túa dispoñibilidade. 

 












Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal