ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Saída e degustación...

09-11-2013

Saída e degustación micolóxica na Eira da Xoana


Sábado 9 de novembro, previa á Feira de Outono do día 10. Será pola contorna da Eira da Xoana (Ramil, Agolada). Contaremos co asesoramento e guía do farmacéutico e micólogo Alberte Granja.

PROGRAMA
:

11.00 h => Encontro na Eira e saída ao monte. Pequena explicación inicial e percurso pola contorna. Recomendábel levar navalla, un cesto e calzado apropiado para camiñar.

14.00 h
=> Chegada á Eira, onde clasificaremos os cogumelos.

14.30 h
=> Xantar de Convivio. cadaquén deberá traer o seu, que, seguindo o costume «da casa» compartillaremos cos compañeiros/as e complementaremos cos cogumelos acabados de apañar e ben cociñados ( ou crus, dependendo da especie). Remataremos con «queixo con marmelo» e café ou infusións por unha aportación solidaria de 3 €.

NOTAS:

Máis información: Marcial 638 47 53 22 ou a Pepe Salvadores 659 68 33 84

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal