Inicio / Axenda / Outras actividades / Xornadas forestais no Vicedo: para que serve o...
18-03-2017
O despoboamento das aldeas e envellecemento da poboación, co conseguinte abandono das terras de pasto e cultivo, unido a factores coma o rápido crecemento do eucalipto frente ás especies autóctonas, a demanda e promoción da produción por empresas coma ENCE, o que supón ingresos a curto prazo (15 anos para a tala), fai que o eucalipto sexa a árbore predominante na nosa paisaxe.
Este continuo avance do eucalipto a costa doutras especies e das leiras é dende sempre obxecto de enfrontamento entre promotores e plantadores-propietarios dun lado, e sectores sociais contrarios a este monocultivo dunha especie invasora doutro.
Co obxectivo de abrir debate, dar a coñecer alternativas, e poñer en común experiencias arredor da silvicultura, Nordés organiza unhas "Xornadas forestais" o sábado 18 de marzo, na Casa da Cultura do Vicedo, coas seguintes palestras:
18:00h." Para que sirve o monte? Servizos dos bosques para a cidadanía e impacto dos monocultivos de eucalipto" da man de Sergio París, Enxeñeiro Técnico Forestal e Secretario da Sociedade Galega de Ornitoloxía.
Cun descanso polo medio, mais cara as 19:00h. presentarase o proxecto "Cousa de Raíces" na charla "Non todo é eucalipto: outros aproveitamentos, alternativas e experiencias prácticas. Lexislación aplicable." da man de Xosé Manuel Rodríguez Fernández de ADEGA.
E para finalizar, cara as 20: 30h., contaremos coa experiencia do resineiro Fran Dominguez para falarnos da súa labor como tal en Loiba. Agardámovos!
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal