ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / 8 de marzo: Fronte ao machismo e o capitalismo,...

08-03-2017

8 de marzo: Fronte ao machismo e o capitalismo, sempre feminismo!

Fronte ao machismo e o capitalismo, sempre feminismo!

Fronte ao Machismo e Capitalismo: SEMPRE FEMINISMO!
Comunicado da Marcha Mundial das Mulleres - Galiza

Baixo este lema realizaremos accións en Ourense, Ferrol, Vigo e Compostela como un paro simbólico de adhesión ao Paro Internacional de Mulleres, un mural reivindicativo, concentracións, accións de rúa, manifestacións, performance...

Este 8 de marzo saímos á rúa reclamar que sen acabar co modelo de explotación e depredación do capitalismo non é posíbel construír unha vida digna como a que defendemos as feministas que une loita, vida, festa, comunidade, medio natural, traballo digno, coidados, liberdade e diversidade.

Actividades previas:
4 de marzo: mural reivindicativo en Vigo
5 de marzo: 12h participación na manifestación nacional do feminismo galego en Compostela
6 a 12 de marzo: accións de rúa en Vigo

Accións 8 de marzo:
8 de marzo: 20h Manifestación en Vigo dende Praza Portugal
8 de marzo: 19h Concentración en Ferrolterra (Praza do Inferniño)
8 de marzo: 12h Paro simbólico en Ourense (Praza maior) / 20h Mani-festa-acción da Castañeira aos Xardíns Padre Feijóo
8 de marzo: 19h Manifestación do movemento feminista en Compostela (Praza 8 de marzo)
8 de marzo: 20h Acción de Rúa na Coruña En sororidade feminista

En Marcha ata que todas sexamos libres!
#Querémonosvivas
#BastadeViolencia

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal