ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / ADEGA participa nas X Xornadas de intercambio de...

Do 01-06-2016 ao 03-06-2016

ADEGA participa nas X Xornadas de intercambio de experiencias Fogares Verdes–Green4life

Un ano máis o Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM) organiza as Xornadas de intercambio de experiencias “Fogares Verdes” en Valsaín (Segovia), este ano cunha novidade, a participación dos socios do proxecto europeo “Green in Everyday Life”, liderado pola Asociación Columbares e o CENEAM e financiado polo Programa Erasmus+.

ADEGA participará nestas xornadas e presentará o traballo que se ten realizado en relación á compostaxe caseira e comunitaria, así como o labor que se fai na Universidade da Coruña (UDC) co obxectivo de ambientalizar o campus (programas de compostaxe comunitaria, de aforro de auga, enerxía e papel).

Ademais, nas xornadas presentarase o libro “Talleres educativos para construír ecodestrezas” no que tamén colabora ADEGA cun taller de compostaxe doméstica elaborado por Ramsés Pérez e María Rodríguez.

Dende ADEGA queremos agradecer ao CENEAM a realización deste tipo de xornadas de intercambio de experiencias.

Ligazóns:

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal