ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Bicicletada pola lingua en Compostela

14-05-2016

Bicicletada pola lingua en Compostela

O Centro Social Gentalha do Pichel organiza este sábado 14 en Compostela (Alameda, 11:30h), un roteiro ciclista urbano no que reivindicaremos a nosa lingua e o uso da bicicleta como medio de transporte ecolóxico, económico e sustentábel.

O percurso comezará na Alameda ás 11.30h e rematará na Praza 8 de Marzo, contando co apoio de ADEGa e outras organizacións.

Alén da bicicletada, e con motivo do Día das Letras o C.S. A Gentalha do Pichel organiza en Compostela unha batería de actos.

Podes consultar a programación en:

https://www.facebook.com/gentalha.dopichel/

http://gentalha.org/2016/05/mais-um-17-de-maio-para-celebrar-365-dias-em-galego/ 

Convidámosche a difundir e participar!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal