ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / ADEGA participa no IX seminario de voluntariado...

Do 20-04-2016 ao 22-04-2016

ADEGA participa no IX seminario de voluntariado en ríos do CENEAM

Do 20 ao 22 de abril vai ter lugar nas instalacións do CENEAM en Valsaín (Segovia) o IX seminario de voluntariado para a conservación da biodiversidade en ríos e ribeiras, no que estará presente ADEGA para expoñer as novidades do Proxecto Ríos

Este seminario integra a unha gran variedade de entidades que desenvolven experiencias de voluntariado en ríos, con diferentes obxectivos e metodoloxías de traballo, pero cun mesmo denominador común: a conservación dos ríos.

O Proxecto Ríos participará presentando os proxectos, materiais e iniciativas que desenvolvemos arredor da custodia fluvial e a conservación dos nosos ecosistemas fluviais.

Pódese consultar o programa completo: Programa Seminario, abril 2016.pdf

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal