ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / XXIII Xornadas de Formación do Proxecto...

23-04-2016

XXIII Xornadas de Formación do Proxecto Ríos

A temática do curso será achegarnos ás especies de peixes exóticos dos nosos ríos e  anunciar o mapeado participativo de EEI en Galicia. Aproveitaremos tamén para facer entrega do material do Proxecto Ríos aos novos grupos participantes. A sesión de tarde estará dedicada, como outros anos, ao recoñecemento dos macroinvertebrados, especies fundamentais no noso traballo.

Programa das XXIII Xornadas de Formación:

11.00 Chegada e entrega de material.

11.15 Estado do Proxecto Ríos.

11.30 Mapeado participativo EEI en Galiza

12.00 Características e distribución da ictiofauna exótica en Galicia. David José Nachón García (EHEC)

14.00 Xantar.

15.30 Saída ao río e recoñecemento de macroinvertebrados.

19.00 Remate do curso.

O curso é gratuíto, só hai que levar a comida. O número de prazas é limitado, polo que que é preciso inscribirse, tanto por teléfono (981 57 00 99) como por correo electrónico: pacobanhobre@adega.gal

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal