ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Obradoiro de construción de fornos solares...

13-04-2016

Obradoiro de construción de fornos solares na UDC

Este obradoiro será impartido por Juan Bello, experto en cociña solar e profesor do departamento de edificación e obra civil do CIFP Someso, coa colaboración de ADEGA.

Cada vez é máis necesario aforrar enerxía tanto por razóns ecolóxicas como económicas, e tamén deste xeito poderemos ser un pouco máis autosuficientes, mais sobre todo sermos conscientes das posibilidades e o potencial da enerxía solar e do acondicionamento pasivo e construción bioclimática. O obxectivo deste obradoiro é construír un forno que poidamos utilizar para cociñar, e que nos propomos estrear o día do ENCONTRO SOLAR que será o 20 de abril (en función da climatoloxía), cando organizaremos un encontro de cociñeiras e cociñeiros solares onde degustaremos os diferentes pratos solares !!!

Para asistir ao obradoiro é necesario:

  • Inscrición no correo oma3@udc.es (Nome, apelidos e DNI).
  • Traer unha caixa de cartón cunhas dimensións aproximadas de 60x60 cm e unha altura entre 25-30cm, e un bo lote de cartón adicional, suficiente para facer o illante.
Podes descargar as instrucións para facer este forno nas seguintes ligazóns: CIFP de Someso:
http://www.edu.xunta.es/centros/cifpsomeso/node/770
Revista CERNA: http://www.adega.gal/media/documentos/41-42.pdf

Algunhas fotos dos fornos construídos o curso pasado e do resultado no III Encontro Solar, nas seguintes ligazóns:

https://plus.google.com/u/0/photos/101727169314543003023/albums/6135686228921867057
https://picasaweb.google.com/105713614573572913754/IIIEncontroSolar2015?feat=directlink

Participa e ven a prepararte ao obradoiro, despois cociñaremos todas e todos xuntos co sol !!!

Data e Lugar: 13 abril, LERD da UDC. Horario: 15:30-18:30 h.

Inscricións en oma3@udc.es. Prazas limitadas.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal