ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / I Xornadas "Coñecendo o...

21-04-2016

I Xornadas "Coñecendo o Miño" (3ª sesión)

Hoxe, xoves 21 de abril, ás 20.30 horas, no Museo provincial de Lugo, terá lugar a terceira e última sesión das I Xornadas “Coñecendo o Miño”, organizadas pola plataforma Lugo de Cara ao Miño, conformada por 20 entidades sociais, culturais e ecoloxistas de Lugo, entre as que está ADEGA. Estes encontros estiveron dedicados a divulgar os valores naturais, patrimoniais e históricos do río Miño, especialmente, ao seu paso pola cidade de Lugo e pretenden favorecer o reencontro e a proximidade entre a cidade e o río.

Desta volta, as xornadas versarán, dunha banda, do valor patrimonial dos caneiros de pesca do Miño, a cargo do Doutor en Enxeñaría Agrónoma e profesor da USC no Campus de Lugo, Juan Ortiz Sanz, experto no estudo e a análise das construcións tradicionais e en fotogrametría aplicada ao patrimonio e á construción. Doutra banda, o Doutor en Xeografía e Historia e Académico Correspondente da Real Academia da Historia e presidente da Asociación Cultural Lugo Patrimonio, Adolfo de Abel Vilela, contará ao público existente cal é o valor patrimonial, histórico e cultural que representa a antiga Fábrica da Luz de Lugo para a nosa cidade e que relación ten co río Miño. Actualmente, este edifico emblemático está a ser obxecto de polémica polas obras de rehabilitación e recuperación da súa explotación hidroeléctrica, promovidas polo Concello de Lugo e encomendadas á empresa Inca.

PROGRAMA

Lugar e hora: Refectorio do Museo provincial de Lugo, ás 20.30 horas.

Xoves, 7 de abril: UNHA OLLADA Á HISTORIA DOS CANEIROS DO MIÑO

  • ANA CABANA IGLESIA, Doutora en Historia e profesora do Departamento de Historia no Campus de Lugo (USC).
Xoves, 14 de abril: OS VALORES AMBIENTAIS DO RÍO MIÑO
  • EMILIO CARRAL VILARIÑO, Doutor en Ciencias Biolóxicas e Profesor Titular da Área de Ecoloxía no Campus de Lugo (USC).
  • TERESA RODRÍGUEZ LÓPEZ, Doutora en Ciencias Biolóxicas, profesora da Área de Zooloxía na Escola Politécnica Superior de Lugo (USC).
Xoves, 21 de abril: OS CANEIROS PARA A PESCA DO RÍO MIÑO E O VALOR PATRIMONIAL DA FÁBRICA DA LUZ
  • JUAN ORTIZ SANZ, Doutor en Enxeñaría Agrónoma e profesor da Área de Enxeñaría Agroforestal na Escola Politécnica Superior de Lugo (USC).
  • ADOLFO DE ABEL VILELA, Doutor en Xeografía e Historia.

Agardamos a vosa asistencia!

Intengran "Lugo de cara ao Miño" os colectivos ecoloxistas, sociais e culturais ADEGA, AGCT, Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde, Ateneo Engranaxe, Carneiro Alado, CIG, Coop. Bico de Grao, Cultura do País, Madia Leva, Masa Crítica, SLG, SOS Río Miño e as formacións políticas ACE-EU, Anova, BNG, Compromiso por Galicia, Espazo Ecosocialista, Equo, Lugonovo e Podemos.

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal