ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Aturuxo á Terra na Eira da Xoana

02-04-2016

Aturuxo á Terra na Eira da Xoana

Programa

12.00 h => Encontro na Eira para a organización do festival e a realización dun OBRADOIRO DE ATURUXOS no que todos e todas poderemos aprender a aturuxar.
 
14.30 h => XANTAR DE CONVIVIO. Cada quen, como de costume, traerá o seu para compartillar con tod@s @s compañeir@s.
 
16.30 h => III FESTIVAL DO ATURUXO: MÚSICA, DANZA E RECITAL DE POESÍAS E RELATOS Á TERRA.
Participará nel toda a xente que estea presente, colléndonos das mans tal e como se amosa na imaxe. Terá lugar na parte traseira da casa.
Despois de cada aturuxo, a persoa que así o queira, recitará un poema ou lerá un pequeno relato en homenaxe á nosa gran amiga, a Terra. Cantaremos esta canción mentres danzamos:

Para Muller:
Eu aturuxo na Eira da Xoana
Eu aturuxo na terra labrada
na terra labrada, na terra querida
eu aturuxo coa miña amiga:
Uuuuhuhuhuhuhuhuh! (Forte aturuxo!)

Para Home:

Eu aturuxo na Eira da Xoana
Eu aturuxo no monte labrado
No monte labrado, no eirado querido
Eu aturuxo con este meu amigo:
Uuuuhuhuhuhuhuhuh! (Forte aturuxo!).  
CONCURSO DE ATURUXOS
 
ROTEIRO INTERNO POLO EIRADO E TERREOS CUSTODIADOS POLA EIRA DA XOANA. Iremos acompañados de música, poesía, relatos e, como non, aturuxos.
 
19.30 h => Se o tempo nolo permite, DESPEDIREMOS AO GRAN SOL que cada día nos aloumiña, aturuxando para rematar o roteiro.
 
–.– h => Continuará a festa con música e cantarelas ata que se esgoten os folgos.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal