Inicio / Axenda / Outras actividades / Asina pola xestión pública da...
Do 29-02-2016 ao 29-03-2016
"Lugo de Cara ao Miño", plataforma da que forma parte ADEGA, lanza unha campaña de recollida de sinaturas a través de Change.org para acadar unha xestión pública e (eco)lóxica da Fábrica da Luz de Lugo e a retirada do dique do río Miño. Apoia e asina!
Estes son os motivos:
O “Proxecto de rehabilitación e aproveitamento hidroeléctrico da Fábrica da Luz” que o Concello e a empresa asturiana INCA están a desenvolver no río Miño en Lugo pretende:
-Privatizar gran parte do caudal do noso río para o negocio exclusivo dos amigos do ex-prediente da Confederación, Francisco F. Liñares (imputado no Caso Pokemon);
-Deixar á cidade de Lugo un rédito económico ridículo (5.000€/ano) durante os próximos 38 anos. Os beneficios anuais da empresa superarían os 100.000€;
-Pasar por riba da normativa ambiental que ampara o espazo protexido afectado, recoñecido como ZEPVN, Rede Natura e área núcle da Reserva da Biosfera Terras do Miño.
-Legalizar o dique de pedra e terra construído dentro do leito fluvial do Miño, no Chamuzo, e que non estaba contemplado nos planos do proxecto nin na Declaración de Impacto Ambiental e que incumpre varias condicións da concesión.
-Privar á xente de Lugo de gozar dos valores naturais do río Miño e de facer un uso público da súa contorna. Por todo isto, as persoas que asinen esta petición reclamarán ante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, a Xunta de Galicia e o concello de Lugo as seguintes medidas:
1. Que se paralice definitivamente o “Proxecto de Rehabilitación e Aproveitamento hidroeléctrico da Fábrica de Luz de Lugo”.
2. Que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil mande retirar o dique (ataguía) que foi construído no leito do río Miño sen avaliación ambiental, fóra de lugar e fóra da época de estiaxe.
3. Que o Concello de Lugo recupere a concesión de explotación para a xestión pública.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal