ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Estrea do documental sobre as obras da...

25-02-2016

Estrea do documental sobre as obras da fábrica da luz en Lugo

A plataforma “Lugo de cara ao Miño”, da que forma parte ADEGA, presentará ao público xeral unha obra audiovisual producida e dirixida por Carme Granxeiro, quen tamén forma parte da plataforma, sobre a problemática das obras da fábrica da Luz no río Miño.

A peza audiovisual, que dura uns 20 minutos, recolle os testemuños de diversos veciños e colectivos de Lugo que explican os potenciais impactos que as obras da minicentral da fábrica da luz están a ter a nivel ambiental, social ou económico e, mesmo de lecer e goce do espazo natural por parte da cidadanía de Lugo.

O vídeo tamén recolle algunhas das vivencias ligadas ao río Miño que veciños e veciñas de Lugo teñen experimentado e mostra diversas imaxes da evolución das obras do dique no Chapuzo, inundadas coa pasada enchente. A obra tamén presenta o movemento social “Lugo de cara ao Miño” e as razóns do seu nacemento, xa que se constituíu a raíz desta problemática pero coa vocoación de continuidade para defender ao Miño de calquera agresión que atente contra a súa integridade ou protección.

Por outra banda, a plataforma “Lugo de cara ao Miño” tamén aproveitará este acto para presentar o seu programa de actividades divulgativas e reivindicativas para os vindeiros meses ata o mes de xuño.

A proxección audiovisual está destinada ao público xeral e terá lugar este xoves, 25 de febreiro, ás 20 horas nas Galerías de Sargadelos de Lugo (Pza. Santo Domingo).

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal