ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Palestra: Alternativas ao eucalipto e medidas...

26-02-2016

Palestra: Alternativas ao eucalipto e medidas para frear a súa expansión

Dentro da campaña en defensa do bosque autóctono e contra a expansión do eucalipto, ADEGA vai participar nunha palestra este vindeiro venres na Estrada (local social do campo de futebol de Berres).

Trataremos de expoñer a problemática causada polo eucalipto e a súa imparábel expansión, así como ofrecer ferramentas para o seu combate e alternativas que permitan un aproveitamento do monte con criterios de sustentabilidade.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal