Inicio / Axenda / Outras actividades / ADEGA apoia e chama a participar na...
24-01-2016
O 30 de outubro un operativo policial ordenado pola Audiencia Nacional procedía á detención en varias localidades galegas de 9 militantes de Causa Galiza, que foron trasladados a Madrid para, após unha fin de semana nos calabozos da Garda Civil, pasar a disposición xudicial e ser postos en liberdade con cargos. A operación, denominada 'Jaro', deixaba tamén unha decisión sen parangón na historia recente de Galiza: a ilegalización de facto dunha organización política.
Para denunciar esta ilegalización e exixir o respecto aos “dereitos civís e políticos”, por volta dunha trintena de asociacións, entidades e organizacións apoiamos unha manifestación que vai decorrer o 24 de xaneiro en Compostela. Será a partir das 12:00 horas na Alameda e co lema “Polos dereitos civís e políticos para todas e todos. Non á ilegalización de organizacións políticas”.
Afiadoras de Futebol Gaélico, Agir, Agora Galiza, A Riada do Tea, Associaçom Antifascista Jimmy Sempre con Nós, Associaçom Cultural Amigos da Cultura de Ponte Vedra, Associaçom Cultural Festival de Brétemas, Associaçomde Luita Livre Olímpica Alacrám Vermelho, ADEGA, Briga, Ceivar, Centro Social A Galheira, Centro Social A Gentalha do Pichel, Centro Social auto gestionário O Fresco, Centro Social Faísca, Centro Social Madia Leva, Centro Social Revolta, Colectivo Nacionalista de Marim, Comité de Solidariedade com os Presos e Presas Políticas, CIG, Fundaçom Artábria, Grupo de Acción Social de Vigo, Movemento polos Dereitos Civís, Mulheres Nacionalistas Galegas, Partido Comunista do Povo Galego, Que volten para a casa!, Rede colectivos a Ría nom se Vende, Riazor Blues, Sociedade Deportiva e Cultural do Condado, Verdegaia, Xebra Associaçom e Xeira.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal