ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Solsticio de Inverno na Eira da Xoana

21-12-2015

Solsticio de Inverno na Eira da Xoana

O vindeiro luns, 21 de decembro, celebraremos un ano máis con Festa o Solsticio de Inverno na Eira da Xoana. A xornada de celebración comezará pola mañá, pero non será ata o solpor cando subamos ao Cotón dos Fogos para despedir o sol cos nosos fachos.

Programa

Nesta xornada, terá lugar unha das festas máis fermosas do ano na que celebraremos que os días comezan a medrar. Estaremos pola Eira a partir das 11:30 horas para rematar cos preparativos. PROGRAMA:

  • 11.30 h => Encontro na Eira e comezo das actividades.
 
  • 14.00 h => Xantar de convivio. Cadaquén traerá o seu para compartillar.
 
  • 17.00 h => Prepararemos e repartiremos funcións para os actos.
 
  • 17.30 h => Subiremos ao Cotón dos Fogos para despedir ao sol.
 
  • 18.30 h => Baixaremos con fachos prendidos á Eira da Xoana onde prenderemos o tizón.
  •  
  • 19.00 h => Iniciará as actuacións dos artistas, como xa vén sendo tradición, Anxo Moure, O Apalpador. Todos eles, xenerosamente, compartirán connosco este día e teremos música, poesía, contos e moito máis.
     
  • -.- h => Remataremos a celebración cando xa non queden folgos.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal