Inicio / Axenda / Outras actividades / Homenaxe na Eira da Xoana a Francisco Carballo
26-09-2015
O sábado 26 de setembro, a Eira da Xoana celebra unha nova edición da Homenaxe ás persoas crentes comprometidas co país que, desta volta, se dedicará a Francisco Carballo, quen ademais de ser un dos grandes historiadores galegos, destacou polo seu compromiso co país galego desde a Fe.
Neste evento, a Asociación Galega de Historiadores fará entrega do premio Manuel Murguía a Francisco Carballo e na xornada, acompañaranmos Mini e Mero.
PROGRAMA:
-14 horas: Xantar de Convivio.
-17 horas: Inicio da Homenaxe coa actuación de Mini e Mero.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal