ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Concentración contra as touradas en...

22-08-2015

Concentración contra as touradas en Triacastela

Acode este vindeiro sábado 22 de agosto ás 17:30 fronte á praza portátil de Triacastela (Av. de Castilla). Touradas fóra de Triacastela, touradas fóra da Galiza!

É hora de amosarlles novamente o rexeitamento absoluto da sociedade galega a estas bárbaras prácticas de tortura animal, tan alleas á nosa cultura. Despois de ter conquerido a supresión destes festexos en moitas vilas e cidades, a última Sarria, non podemos ficar calados/as fronte aos intentos do lobby político-taurino de reproducir estes denigrantes espectáculos noutras vilas galegas, quer Triacastela.

Diversas organizacións coordenan a protesta, consultade nas ligazóns a seguir.

A tortura non é arte nen cultura!

Fóra as touradas da Galiza!

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal