Inicio / Axenda / Outras actividades / Xornada de Limpeza e formación no...
23-08-2015
ADEGA Monterrei (Salvemos o Támega), organiza un roteiro no río Cabras (Cereixo), afluente do río Támega, no concello de Laza.
A actividade ten a intención de pasar unha xornada lúdica de limpeza e formación.
A saída será desde a Ponte da Veiga, e o remate do roteiro está previsto na piscina fluvial (Regueiro Seco).
Durante a actividade os participantes estarán acompañados de unha bióloga e un naturalista da zona, que amosarán o ecosistema do río e os seus problemas de contaminación e conservación.
Importante:
- Traer calzado adecuado e guantes
- Comida e bebida
Horario aproximado dende as 11:00 ata as 14:00
contacto: adegamonterrei@adega.gal tlf: 630 29 27 53
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal