ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Voluntariado ambiental rescate anfibios

16-04-2015

Voluntariado ambiental rescate anfibios

xoves 16 de abril

O xoves 16 de abril Charcas con Vida participará unha vez máis no rescate de anfibios e réptiles nunha canle de rega en Pontecaldelas. Se queres axudar a estes animais apúntate a esta xornada
- correo: lucia@adega.gal 
- tlfs 981 570 099/ 649 611 508

A canle de rega mide uns dous quilómetros aproximadamente e atópase practicamente en desuso, transcorre paralela ao río Verdugo nun terreo cunha elevada pendente. Na parte máis elevada ten un certo aporte de auga que nestes días mantén cunha profundidade de 10-20 cm aproximadamente. Porén conforme se vai avanzando vai perdendo auga e dende a metade atópase practicamente seca. A canle ten unhas paredes laterais e verticais de 80 cm de alto en toda a súa lonxitude que supoñen unha trampa mortal para moita da fauna do lugar.

Nesta época decenas de sapos baixan por este monte dirección ao río, pero no camiño atópanse con esta barreira. Nas partes nas que aínda ten auga poderán desovar pero lamentablemente xa non poderán saír, as paredes laterais da canle convértense nunha trampa mortal para eles e para outros moitos anfibios que se achegan ao lugar para desovar ou alimentarse. 

Charcas con Vida xa realizou outro rescate xunto con persoal da Dirección Xeral de Conservación da Natureza rescatando máis de 200 animais atrapados neste lugar. Album de Fotografías

Participa como voluntari@ ambiental

Se queres axudarnos nesta actividade de rescate de anfibios e réptiles ponte en contacto con nós no correo: lucia@adega.gal ou nos tlfs: 981 570 099 / 649 611 508
O voluntariado ambiental contará con seguro de accidentes.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal